CulturaCulturaÚltima hora

O confinamento dende a perspectiva dun neno

Xa está á venda "Diario de Pepe. Diario dun confinamento", o primeiro libro de Rosa Cerdeira

Portada do libro “Diario de Pepe. Diario dun confinamento”. / Foto: cedida.

 

O primeiro libro de Rosa Cerdeira, “Diario de Pepe. Diario dun confinamento”, xa está á venda en edición limitada. A obra narra, en boca dun neno de dous anos (o seu fillo, Pepe Castro), a historia do confinamento vivido entre marzo e maio de 2020, causado pola pandemia do coronavirus. A idea do libro xorde das preocupacións de aboas, tíos, primos e amigos con respecto a cómo viviría a corentena un neno da idade de Pepe. Trátase, por tanto, dun libro co que é fácil identificarse pois relata un feito vivido por todos os cidadáns do estado.

O libro editouse na localidade de O Carballiño, este mes de xullo, e conta con ilustracións de Sergio Iglesias, de 11 anos de idade. “Diario de Pepe. Diario dun confinamento” pódese adquirir en Escolma Libraría e na tenda Lamargha Home Muller, ambas na localidade carballinesa.

 

Foto: cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button