CulturaCultura

O congreso de patrimonio etnográfico, en Terras de Trives

O programa incluíu a proxección do documental de Aitor Rei e a visita á Casa das Rodas en Arboiro (San Xoán de Río
Visita á Casa das Rodas de Florencio de Arboiro.
Visita á Casa das Rodas de Florencio de Arboiro.
Coloquio no Auditorio Julio Vázquez trala proxección de "A última viaxe do afiador".
Coloquio no Auditorio Julio Vázquez trala proxección de “A última viaxe do afiador”.

Os afiadores, a súa historia, o seu oficio, as rodas coas que percorrían o mundo… Son os grandes protagonistas do V Congreso de Patrimonio Etnográdico que se está desenvolvendo na Facultade de Ciencias da Información de Ourense dende o venres 9 ata o luns 13 de outubro e que inclúe conferencias, mesas redondas, relatos de experiencias, proxeccións audiovisuais e visitas guiadas.

Estas dúas últimas actividades, levaban aos asistentes ata a comarca de Terras de Trives. Na noite do venres 10 de outubro, proxectábase no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives, o documental de Aitor Rei “A última viaxe do afiador” contando cao presenza do propio director e dalgúns dos afiadores que aparecen no filme.

Ao día seguinte, sábado 11 de outubro, no mesmo Auditorio, a francesa Perrine Bertrand (filla do estudoso dos afiadores Bernard Bertrand) daba unha conferencia sobre “A cultura do afiado en Francia”.

O apartado de excursións, levaría aos congresistas ata o pobo de Arboiro en San Xoán de Río para visitar a Casa das Rodas, o museo en torno aos afiadores do etnógrado Florencio de Arboiro, con xantar íncluído na praza do pobo.

O congreso continuará o luns 13 de outubro con relatorios, mesas redondas, un acto de irmanamento e a clausura coa entrega de diplomas.

Máis infromación na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button