OurenseÚltima hora

O Congreso Nacional da Cor reunirá en Ourense a un centear de expertos

O evento, organizado polo Comité da Cor da Sociedade Española de Óptica, inaugúrase mañá ás 9:30h no campus
As sesións serán no Edificio de Ferro, no campus ourensán.
As sesións serán no Edificio de Ferro, no campus ourensán.

Arredor dun centear de expertos e investigadores relacionados co mundo da cor daranse cita estes días na cidade de Ourense. Dende mañá ponse en marcha a XI edición do Congreso Nacional da Cor, un foro multidisciplinar organizado polo Comité da Cor da Sociedade Española de Óptica, que permite pór en contacto aos profesionais de diversos sectores cun mesmo mínimo común denoinador.

A inauguración das xornadas será a partires das 9:30h no salón de graos do Edificio Politécnico do campus de Ourense. Está previsto que asista o vicerreitor do propio campus, Virxilio Rodríguez, o alcalde da cidade, Jesús Vázquez o presidente do comité local organizador do congreso, Humberto Michinel, e o presidente do Comité da Cor da Sociedade Española de Óptica, Francisco J. Heredia.

Ao longo dos tres días, o congreso ofrecerá máis dunha trintena de comunicacións e 15 pósters nas que se abordarán os últimos avances do sector, dende a cor na alimentación á tecnoloxía LED.

Artigos relacionados

Back to top button