EconomíaEconomíaÚltima hora

O I Congreso Red Locais avoga pola transparencia nas entidades locais

Esta cita contou coa presenza de diferentes representantes de entidades públicas locais para falar do concepto
Santiago Lago, Alfonso Rueda, Manuel Baltar, Virxilio Rodríguez e Concepción Campos.

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acolleu hoxe, 20 de xuño, o I Congreso Red Locais “As entidades locais ante a Transparencia e a innovación”. Nesta xornada participaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; o director do grupo de investigación GEN, Santiago Lago; e a codirectora da Rede Locais, Concepción Campos.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou a transparencia como instrumento de mellora das Administracións e a aposta pola colaboración para estendela a todos os concellos.

“A Xunta considera que a mellora continua da transparencia e da participación cidadá é un imperativo, xa que a cidadanía ten dereito a coñecer como funcionan as institucións e como se empregan os seus recursos”, indicou. Por este movito, o Goberno galego puxo en marcha o pasado ano a Lei de Transparencia.

Dende a Xunta sinalan que na pasada lexislatura, o goberno galego deu comezo un programa de medidas nesta materia, comezando no ano 2010, coa posta en marcha da Plataforma de contratación de Galicia, onde se pode acceder aos datos e documentos sobre os diferentes procedementos de licitación. E outras medidas como a publicación do primeiro Código Ético Institucional, ou a publicación da declaración patrimonial dos membros do Goberno. Toda esta información está, ademais, dispoñible no novo Portal de transparencia e Goberno aberto, que unifica nun único punto os datos que se atopaban dispersos en distintas páxinas webs.

Colaboración específica cos entes locais

A Xunta colabora cos concellos mediante un convenio coa Fegamp e a Universidade de Vigo para impulsar a mellora da transparencia nas entidades locais galegas e poñendo en marcha medidas que faciliten e fomenten a cultura da transparencia entre os concellos para acadar unhas administracións e uns gobernos transparentes, eficaces e eficientes.

O Goberno galego, nesta aposta por axudar e orientar ao resto das administracións galegas no cumprimento das súas obrigas, ten habilitada unha plataforma web no portal de eido local, na que os municipios que o desexen poden facer pública a información directamente ou ben enlazar con outras plataformas que xa tiveran en marcha.

Artigos relacionados

Back to top button