CulturaCulturaÚltima hora

O conselleiro de Cultura asegura que no 2019 o observatorio astronómico da Veiga fará de Trevinca un referente

Galicia ten acreditados dous destinos Starlight, A Veiga e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, que forman parte dunha selecta escolma a nivel nacional
O conselleiro de Cultura no acto de presentación do libro.

 

No  vindeiro ano 2019 darase un paso decisivo co novo observatorio astronómico da Veiga, que aspira a consolidar Pena Trevinca como un referente en turismo starlight científico. Así o destacaba na tarde do 20 de decembro o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na presentación do libro Galicia, un lugar máxico para contemplar as estrelas, na que tamén subliñou o potencial da Comunidade como destino de primeiro nivel para a observación do ceo, o denominado turismo starlight.

A obra amosa o enorme potencial de Galicia no astroturismo a través de 100 coidadas fotografías froito do traballo de dous profesionais como Daniel Llamas e Daniel Lois, que dedicaron innumerables horas de traballo de campo a acadar estas instantáneas, tomadas nunha secuencia temporal de seis anos.

A comunidade galega ten acreditados dous destinos Starlight, A Veiga e o Parque Nacional das Illas Atlánticas, que forman parte dunha selecta escolma a nivel nacional. Esta distinción avala que son lugares visitables con excelentes calidades para a contemplación dos ceos estrelados e a práctica de actividades turísticas baseadas neste recurso. Trátase dun selo de carácter internacional que conta co apoio da Unesco, da Organización Mundial do Turismo (OMT) e da Unión Astronómica Internacional, conxugando ciencia e lecer.

 

Artigos relacionados

Back to top button