EconomíaEconomíaGalerías de fotosPizarraÚltima hora

O conselleiro de Economía reúnese co sector da lousa en Sobradelo

A necesidade de promover o uso da lousa no mercado nacional era unha das cuestións analizadas na xuntanza que o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiña con representantes do Clúster da Pizarra de Galicia (entre os que estaba o seu presidente, Víctor Cobo) na visita que realizaba na tarde do 11 de maio a Valdeorras. Nese senso, Conde adiantaba que se vai asinar un convenio de colaboración para lograr ese fin.

O titular de Economía reuníase co sector no Centro Tecnolóxico da Pizarra, en Sobradelo, nun encontro no que tamén participaban a delegada da Xunta en Ourense e o xefe territorial da consellería na provincia, ademais da alcaldesa de Carballeda.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button