PolíticaÚltima hora

O Consello Comarcal do BNG de Valdeorras pide a parada das canteiras de lousa

Dende o Consello Comarcal do BNG de Valdeorras vén de emitirse un comunicado no que se pide “a parada inmediata das canteiras e a produción das naves de lousa mentres permaneza activo o Estado de Alerta decretado polo Goberno estatal pola pandemia do COVID-19”.

A formación nacionalista considera que “na situación de grave crise sanitaria, e ante as medidas restritivas da
mobilidade impostas pola realidade só han de permanecer activos os sectores vencellados a bens e recursos de primeira necesidade”.

Ademais dende o BNG considérase que “en ningún caso o cese de actividade pode implicar perda de emprego nin deterioro salarial”.

Artigos relacionados

Back to top button