OurenseÚltima hora

O Consello Municipal de Deportes de Ourense entrega os premios aos 27 centros escolares que participaron na San Martiño 2019

O CEIP Prácticas foi o que reuniu a máis atletas de Primaria, con 148; e o IES As Lagoas de Secundaria, con 186

Entrega de premios no Concello de Ourense.

 

O Consello Municipal de Deportes de Ourense entregaba, na mañá do 28 de novembro, os premios aos 27 centros educativos de Educación Primaria e Secundaria que colaboraron na Carreira Pedestre Popular do San Martiño 2019, achegando a participación de nenos e nenas na tradicional proba ourensá. Ao acto asistiron o concelleiro de Deportes, Mario Guede e outros representantes do Consello Municipal de Deportes e da Xunta de Galicia.

Cada centro que alcanzou un mínimo de 25 deportistas na carreira do pasado día 17 de novembro recibiu un premio de 120 euros en material deportivo. Ademáis, os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria e os 6 primeiros centros de Secundaria e Bacharelato recibiron premios en material deportivo: o 1º 300 euros, o 2º 250 euros, o 3º 200 euros, o 4º 150 euros, o 5º 120 euros e o  6º 100 euros.

O primeiro clasificado en Primaria foi o CEIP Prácticas, con 148 participantes; seguido de Santa Teresa-Carmelitas, con 139; e María Auxliadora-Salesianos, con 122. En Secundaria foi o IES As Lagoas, con 186; seguido do IES Blanco Amor con 154; e o IES O Couto con 154.

Artigos relacionados

Back to top button