PolíticaÚltima hora

O Consello Nacional do BNG refrenda 106 candidaturas

Entre elas están as de concellos como Monforte de Lemos

 

Un dos momentos do Consello Nacional do BNG do 7 de febreiro.
Un dos momentos do Consello Nacional do BNG do 7 de febreiro.

 

No camiño cara ás eleccións municipais de maio deste ano, o Consello Nacional do BNG vén de refrendar na súa xuntanza do 7 de febreiro 106 listas sobre as propostas remitidas dende as asembleas comarcais

Ao primeiro tramo das grandes cidades, súmase agora as candidaturas BNG-Asembleas Abertas en concellos importantes ou intermedios en termos de poboación, como é o caso de Monforte Poio, Carballo, A Laracha, Vimianzo, Carnota, Ribeira, Boiro, A Pobra, Sada, A Estrada, Tomiño, Redondela, Fene, Cambados, Vilagarcía, Cangas ou Ames, entre outros, tal e como se informa dende o BNG

No marco deste mesmo proceso, o Consello Nacional do BNG tamén aprobaba nesta mesma xuntanza as liñas mestras do programa electoral para as municipais, unha cita que esta formación política califica de transcendente “porque é o primeiro chanzo” que ten a cidadanía para infrinxir unha derrota ao PP.

 

Artigos relacionados

Back to top button