EconomíaEconomíaÚltima hora

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro califica a colleita do 2019 como “moi boa”

O pleno do consello aprobouno por acordo plenario o pasado 30 de xullo

Viños D.O. Ribeiro. / Foto: cedida.

 

A colleita do 2019 da Denominación de Orixe Ribeiro califícase como “moi boa”. Así o indicou o consello regulador, que ven de aprobalo por acordo plenario nunha xuntanza celebrada o pasado 30 de xullo. Esta calificación aplícase unicamente aos viños da pasada colleita, actualmente en vías de comercialización e está determinada polas análises organolépticas realizadas ao longo do ano polo Órgano de Control e a Certificación do Consello Regulador.

O Órgano de Control analiza actualmente unha media de 303 mostras que se comparan cos resultados das últimas 20 colleitas. A partir do tratamento estatístico dos datos, obtense unha información representativa que posibilita calificar a colleita de modo obxectivo.

Artigos relacionados

Back to top button