CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Conservatorio de Verín abre o prazo de inscrición

 

Ata o vindeiro 30 de xuño (incluído) está aberto o prazo para se inscribir na proba de acceso a 1º curso de Grao Elemental do Conservatorio de Música de Verín.

“O Grao Elemental da formación musical regrada está estruturado en catro cursos (1º á 4º). O alumnado recibe semanalmente unha hora de formación individual na especialidade instrumental na que cada alumno/a desenvolve os estudos musicais e tres horas de formación en clases colectivas (dúas horas de Linguaxe Musical e unha de Educación Auditiva e Vocal)”, segundo se indica dende este centro de ensinanzas musicais, que imparte as especialidades instrumentais de Clarinete, Frauta Traveseira, Guitarra, Percusión, Piano, Saxofón, Trombón, Trompeta, Tuba e Violín.

Para participar na proba de acceso a 1º curso de Grao Elemental de música é necesario que a persoa aspirante teñá 8 anos de idade (ou os faga dentro do ano actual) e que antes de rematar este ano non teña máis de 14 anos. Ademais no pode ter un expediente de estudos musicais.

As persoas que estean interesadas en participar na proba solicitarán un formulario de inscrición chamando a Cultura do Concello de Verín (988 41 00 00) ou enviando un correo electrónico a culturá@verin.gal.

No formulario infórmase sobre as características da proba, os criterios de cuálificación da mesma e sobre os criterios que se seguirán para cubrir os postos escolares en cada especialidade instrumental. Unha vez cuberto o formulario, a inscrición pódese tramitar, até o día 30 de xuño incluído, por vía telemática (verin.sedelectronica.gal) ou presencial.

Neste último caso será necesitario solicitar unha cita para facer xestións de acceso ao Conservatorio, chamando ao 988 41 00 00, das 9 ás 14 h, de luns a venres. Na cita poderá presentarse o formulario de inscrición cuberto.

Artigos relacionados

Back to top button