EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra dá a benvida ao Xacobeo cun vídeo promocional

 

“O Camiño das paisaxes” é o título do video promocional do Camiño de Inverno que vén de presentar, a través das redes sociais, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Desta maneira danlle a benvida a este ano Xacobeo 2021, o primeiro como ruta oficial para o Camiño de Inverno e que constitúe “unha oportunidade para facer deste un ano de moitas ilusións”, din dende este organismo.

A posta en marcha do Plan de Sutentabilidade Turística, o Pacto pola Paisaxe e todas as liñas abertas para a celebración do acontecemento máis universal de Galicia, “xerarán infinidade de sinerxías que debemos de aproveitar, xunto coa experiencia dos concellos de Paradela e Portomarín que coñecen sobradamente o significado dun Ano Santo. O contexto actual seguramente non nolo poña doado ao comezo, pero a cambio teremos dous anos de Xacobeo”, indica o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

A presenza do consorcio en redes centrarase ata o mércores, día de Reis, en seguir “convidando a agasallar con Ribeira Sacra na máxica noite do día 5. Hoxe publicamos o segundo dos videos promocionais sobre as rutas de escape e mantemos activas as insercións “Regala Ribeira Sacra” e o colaboración no deseño de bonos-agasallo coas empresas do sector”, explican.

 

 

Ademais o consorcio asegura que segue traballando arreo “en varios proxectos que iremos dando a coñecer nas vindeiras semanas e que nos fan comezar cheos de enerxía. Quedan meses intensos, pero a bo seguro que pagarán a pena”.

 

Artigos relacionados

Back to top button