EconomíaEconomíaÚltima hora

O control biolóxico, o único método eficaz contra a avespiña do castiñeiro

Esta perigosa praga centrou unha vez máis a reunión anual da Rede Estatal do Castiñeiro celebrada en Madrid
Representantes de Galicia, Castela e León, Extremadura, Andalucía e do resto de rexións produtoras integrantes da Rede Estatal do Castiñeiro. Fonte: Rede Estatal do Castiñeiro. Imaxe de arquivo.
Representantes de Galicia, Castela e León, Extremadura, Andalucía e do resto de rexións produtoras integrantes da Rede Estatal do Castiñeiro. Fonte: Rede Estatal do Castiñeiro. Imaxe de arquivo.

A avespiña do castiñeiro protagonizou unha vez máis a reunión da Rede Estatal do Castiñeiro celebrada en Madrid. “É unha perigosa praga que se extende a unha velocidade moito maior do previsto, resultando ineficaces as medidas de continxencia realizadas ata agora como as podas ou as talas de castiñeiros afectados”, aseguran os representantes das diferentes áreas produtoras asistentes á reunión, engadindo que “o control biolóxico iniciado de xeito experimental apunta a ser o único método eficaz para controlala”.

Durante a reunión apuntáronse dous factores como claves fundamentais para coñecer a súa chegada a unha zona libre de ésta: o seguemento e a vixilancia, seguidas da inmediata comunicación aos organismos responsables da súa presenza nunha zona, e a toma de medidas necesarias en cada caso.

Tal como explican dende Proagrosilva (Asociación de Productores e Exportadores de Productos Agrosilvestres de Galicia), dende as organizacións que compoñen a Rede Estatal do Castiñeiro acordouse “solicitar ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente información oficial de detalle sobre o estado de situación da plaga na actualidade, os resultados das medidas de control biolóxico experimental así como das investigacións que se están levando a cabo, mantendo as soltas de Torymus sinensis e a súa autorización como organismo de control biológico”.

Por outra banda a necesidade de abordar medidas urxentes que contribúan a paliar as ameazas que ten o sector no ámbito fitosanitario “fai necesaria a búsqueda de financiación para o que se acordou a dinamización dun grupo operativo suprautonómico de preparación dun proxecto de innovación que dé respuesta a estos problemas”.

Artigos relacionados

Back to top button