CulturaCulturaÚltima hora

O conxunto etnográfico do Souto (Bóveda) lucirá unha nova imaxe

Acomteranse varias reformas de acondicionamento e rehabilitación na zona

Vista da zona que será reformada. / Foto: cedida.

 

O conxunto etnográfico do Souto, situado no concello lucense de Bóveda, será reformado. O Concello acometerá unha serie de obras de rehabilitación da Ponte de Bóveda e do Camiño do Souto, na zona do río Mao, que actualmente se atopan nun mal estado de conservación. Segundo o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, esta intervención “pretende poñer en valor estes dous elementos e recuperar esta contorna privilexiada para o uso público”.

 

A contorna do río. / Foto: cedida.

 

As obras comprenden a roza e acondicionamento do camiño coa consolidación de muros, pavimentación e recolocación de pedras. Na ponte, repoñerase a estrutura orixinal de vigas eliminadas nos anos 70 coa construcción dun colexio público na contorna. Tamén se contempla o reforzo dos arcos e a base da ponte así como a instalación dunha varanda de protección. O proxecto conta cun orzamento de 33.899 euros, dos cales 28.373 proveñen do GDR Ribeira Sacra-Courel.

Artigos relacionados

Back to top button