ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O cordeiro, protagonista da festa gastronómica en Larouco

Unhas 400 persoas xuntáronse no xantar celebrado o domingo 15 maio no pavillón

Un ano máis e xa van once, Larouco rendía homenaxe ao cordeiro nun multitudinario xantar celebrado o domingo 15 de maio. Seguindo a mesma liña das anteriores edicións, o menú incluía xamón asado con pementos e empanada de primeiro, cordeiro asado na panadería do pobo con ensalada de segundo, e postre, ademais de viño, auga e licores.

Como novidade, este ano o catering correu por conta da empresa Mantesil encargada de todo o servizo. Normalmente eran os propios veciños os que se encargaban de servir aos comensais e nesta ocasión puderon disfrutar do xantar co resto dos asistentes, entre eles xente do pobo pero tamén da contorna, maiores, xoves e incluso nenos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button