CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O coro de voces brancas do Conservatorio e da Escola de Música do Barco canta no Carballiño

Actuaba na vila do Arenteiro na pasada fin de semana, froito dun intercambio co conservatorio carballiñés

O auditorio Manuel María do Carballiño acollía na tarde do pasado 9 de febreiro unha actuación do coro de voces brancas do Conservatorio e da Escola de Música do Barco. Entre as pezas que interpretaban este grupo de rapaces e rapazas (de entre 7 e 15 anos) estaban “Seis cancións infantís” de Jesús Guridi, “La vida hermosa es”, de Olga García Alvarez (profesora de composición do centro barquense), así como algún tema popular galego, brasileiro ou nipón. Ademais cantaban pezas de películas como “Los chicos del coro” ou “Frocen”.

Este coro está dirixido por Begoña Alonso e actuaba co acompañamento ao piano de José Romero. Esta actuación é froito dun intercambio entre o Conservatorio e a Escola de Música do Barco co Conservatorio do Carballiño e nela tamén colabora a ANPA Armonía.

Fotos cedidas polo Conservatorio e a Escola de Música do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close