CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O coro parroquial Voces de San Martiño (Manzaneda) ameniza a misa do Corpus

O coro parroquial San Martiño (Manzaneda). /Foto cedida.

Debutaban o 8 de outubro de 2017 amenizando a eucaristía da Nosa Señora do Rosario e oito meses despois volvían actuar na igrexa parroquial, desta volta no marco da celebración do Corpus Chirsti.

O coro parroquial Voces de San Martiño (Manzaneda) cantaba na misa solemne da festividade do Corpus celebrada esta fin de semana, contando co acompañamento musical do violín a cargo de María Rodríguez.

A orixe do coro atopámola na chegada do actual párroco, Amador Ares, que convidaba aos veciños a cantar durante as celebracións. Pouco a pouco fóronse animando e finalmente decidían formar unha agrupación musical que actualmente forman unha vintena de voces.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button