CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O coro Voces de San Martiño (Manzaneda) crea un himno adicado ao patrón da parroquia

A última actuación ata o momento tiña lugar na mañá do 11 de novembro, en homenaxe ao santo
Membros do coro Voces de San Martiño, na actuación desta mañá.

A finais do verán do 2017 nacía o coro da parroquia de San Martiño (Manzaneda). Unha agrupación musical creada con moita ilusión que un ano despois segue dando pasos, desta volta coa creación dun himno co que homenaxearon ao seu patrón San Martiño.

A actuación tiña lugar na mañá do 11 de novembro coa inestimable colaboración de dúas profesionais do violín, as irmáns María e Candela Rodríguez. Tal como explican dende o propio coro, non estaban todos e  botaron de menos ao resto dos integrantes do grupo que, por razóns persoais, non puideron asistir pero que tamén son merecedos dos parabéns que os asistentes á celebración lle manifesteron a este animado grupo.

Artigos relacionados

Back to top button