CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O coro Voces de San Martiño (Manzaneda) crea un himno adicado ao Santísimo

A agrupación coral amenizaba un ano máis a misa do Corpus Christi na súa parroquia
Membros do coro parroquial Voces de San Martiño na misa do Corpus. Foto cedida.

Un ano e oito meses despois da súa estrea (debutaban o 8 de outubro de 2017 na eucaristía da Nosa Señora do Rosario) o coro Voces de San Martiño volvía amenizar as festas que con motivo do Corpus Christi se celebran na parroquia de San Martiño (Manzaneda).

A agrupación musical, formada por unha vintena de voces, sorprendían aos asistentes cun himno propio adicado ao Santísimo, creado para a ocasión. A actuación tiña lugar na mañá do domingo 23 de xuño.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button