OurenseÚltima hora

O Corpo Nacional de Policía informa nos colexios de Ourense sobre os riscos de internet

A delegación de Participación Cidadá da Comisaría Provincial intervén na presentación do inicio do curso académico nos centros de ESO chegando a preto de 2.000 pais

 

Aproveitando a presenza dos pais na presentación do inicio de curso 2019/2020 nos centros escolares, principalmente durante a segunda quincena de setembro e a primeira de outubro, axentes de policía da Delegación de Participación Cidadá da Comisaría Provincial de Ourense puxeron en marcha unha iniciativa pionera: realizar charlas nas que se informa aos proxenitores da problemática derivada do mal uso de internet e das redes sociais por parte dos adolescentes e da crecida paulatina e preocupante das denuncias deste tipo.

Tal como explican dende a subdelegación do Goberno en Ourense, “con este novo formato de charlas chehgouse a preto de 2.000 pais e mais ourensáns, expoñendo os perigos aos que se enfrontan os adolescentes e co obxectivo de concienciar aos proxenitores, facendo fincapié no exercicio de responsabilidade ao facer entrega dun teléfono con internet a idades tan temperás sen amosarlles a facer un bo uso desta ferramienta “global” que pode chegar a causar graves perxuízos.

Os efectivos de Policía Nacional iniciaron a primeira presentación deste tipo o día 16 de sembro no Centro Maristas, continuando o día 23 en Concepción Arenal, o 24 en Ferro Couselo e Divino Maestro, o 26 en Otero Pedrayo e José García García; e xa en outubro, o día 1 en Luis Vives, o 3 en Divina Pastora, o 8 en Doce de Octubre, o 9 en Eduardo Blanco Amor. Centros como Salesianos, Santo Ángel, Padre Feijoo Zorelle, Carmelitas, Universidad Laboral, Sexto e O Couto acolleranas en datas posteriores.

 

Artigos relacionados

Back to top button