En portadaGalerías de fotos

O Corpus Christi na provincia

As alfombras enchían as rúas de diferentes localidades da provincia de Ourense con motivo da celebración do Corpus Christi na mañá do 22 de xuño. Entre elas destaca o caso do Barco onde os veciños do casco antigo levaban días de traballo e preparativos para que estas creacións elaboradas con flores e outro tipo de elementos como sal, serrín ou follas lucisen o máis fermosas posible ao paso da procesión.

Así acontecía ao redor da unha da tarde, cando os nenos de primeira comunión lle abrían paso á procesión no seu percorrido ata a igrexa de San Mauro. Ademais foron moitos os veciños doutras zonas que se achegaban para contemplar o colorido e a multitude de detalle destas obras de arte veciñais.

Ademais a parroquia de Santo Estevo na Rúa celebraba na mañá do 22 de xuño, a procesión do Corpus, que encabezaban os nenos da Primeira Comunión. Despois da eucaristía, a comitiva percorría algunhas das rúas da vila engalanadas polas alfombras florais elaboradas polos veciños

Tamén na capital da provincia se festexaba o Corpus Christi. Ás 10:00 horas comezaba unha presidida por Monseñor Lemos Montanet na Catedral de Ourense e, de seguido, comezaba a procesión de Corpus en Ourense.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button