CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Correlingua anima aos escolares ourensáns a usar o galego “sen cancelas”

Case 1.500 alumnos de entre 3 e 16 anos tomaron hoxe a Praza Maior de Ourense e o Auditorio Municipal na XVII edición de Correlingua, a carreira pola lingua galega, baixo o lema deste ano “En galego sen cancelas”. Dende as nove menos cuarto da mañá comezaron os actos, divididos en dúas quendas.

A primeira quenda, correspondente ao alumnado de Educación Secundaria citouse no Auditorio. Alí levaron a cabo un recital, co galego como lingua vehicular, presentado por Isabel Risco. Dentro do programa estivo a actuación do IES O Ribeiro de Ribadavia, na que María José Piñeiro, que chegou este ano a Galicia dende México, presentou a súa canción “Sei”, con letra e música compostas por ela e estivo en escena acompañada polos alumnos de primeiro de Bacharelato.

Por outra banda, o alumnado de 2º de ESO dese mesmo centro cantaron e bailaron “O Twitst do colexio” e os alumnos de Música de 1º de Bacharelato versionaron unha canción da finada Amy Winehouse, adaptada co tema do Correlingua deste ano.

Tras rematar as actuacións, os alumnos do CPR Malvedo leron o manifesto deste ano. Logo proxectouse o vídeo gañador do concurso e gozaron da actuación de Roberto Sobrado. Cando remataron os actos, cara ás doce menos vinte do mediodía, baixaron en andaina cara á Praza Maior, guiada polo folión do alumnado do IES Xermán Ancochea. Na Praza Maior gozaron das actividades organizadas polo TAFAD do CIPF A Farixa.

A segunda quenda foi para Educación Primaria, que desenvolveron un programa similar pero á inversa. O manifesto foi lido no Auditorio polo alumnado do CPR Concepción Arenal.

Este evento está organizado pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close