OurenseÚltima hora

“O Couto Mixto. Aspectos folclóricos” de José Rodríguez preséntase en Montalegre

Este acto tiña lugar no Espaço Padre Fontes-Ecomuseu do Barroso desta localidade portuguesa
Acto de presentación do libro en Montalegre.

Na sala do Espaço Padre Fontes-Ecomuseu do Barroso en Montalegre (Portugal) tiña lugar na tarde do 17 de novembro a presentación do libro “O Couto Mixto. Aspectos folclóricos” (Laiovento), obra do investigador José Rodríguez Cruz, natural da Gudiña. Neste acto o autor estaba acompañado por Nuno Rodrigues, responsable do Ecomuseu de Barroso; Xosé González Martínez, Xosé Lamela Bautista e António Lourenço Fontes, Padre Fontes; ademais de por Afonso Ribas, da Editorial Laiovento.

Neste libriño dunhas 90 páxinas, Rodríguez Cruz fai un achegamento dende a etnografía ás terras “raianas do Couto Mixto”, que “rezuman historia e maxia por tódolos cantos”. E así o reflexa nos diversos contos e lendas que reúne no libro. Contos sobre comercio, contrabando, relacións de fronteira, os lobos, o gando… E lendas sobre tesouros, fontes encantadas, penedos ou raíñas. Tamén recolle algúns exemplos de fala e toponimia.

 

Portada do libro.

Artigos relacionados

Back to top button