EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O CRDO Ribeiro estreará nova sede neste ano

Recentemente deron comezo os traballos de remodelación do local de dous andares, de 616 m2 construídos en total, cedido pola Consellería do Medio Rural

 

O C.R.D.O. Ribeiro contará este ano cunha nova sede institucional, cunhas instalacións máis axeitadas ás necesidades do día a día das adegas, colleiteiros e viticultores da Denominación de Orixe, para levar a cabo determinadas actividades, tanto de promoción como de control.

Recentemente deron comezo os traballos de remodelación do local de dous andares, de 616 m2 construídos en total, cedido pola Consellería do Medio Rural para un prazo mínimo de 32 anos, situado no número 3 da rúa Redondela, xusto nos andares superiores á Oficina Agraria Comarcal, Correos e a Policía Local de Ribadavia.

Este novo espazo, que se reformará integramente con fondos propios do consello regulador, disporá dunha espazosa sala de catas, unha aula de conferencias, un salón de xuntas, un espazo para as oficinas dos traballadores e varios almacéns para os materiais dos departamentos de promoción e do órgano de control e certificación.

“O feito de estrear novo local institucional para a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia fai que cumpra outra das promesas pendentes dende que me incorporei como presidente ao organismo”, sinala o presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares.

Artigos relacionados

Back to top button