EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O CRDO Valdeorras auditará as contas do 2015

A decisión tomábase no primemiro pleno presidido por Francisco García que se celebraba na tarde do 2 de marzo

pleno

Apenas uns días despois de ter sido elixido novo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García convocaba unha sesión plenaria. Celebrábase ás seis e media da tarde do 2 de marzo coa asistencia de todos os vogais deste órgano réctor. Duraba apenas unha hora e á saída da reunión o presidente declinaba facer declaracións aos medios de comunicación, tan só entregaba un breve comunicado, asinado por el mesmo, así como polos vogais das cooperativas do Barco, da Rúa e de Larouco e polos vogais de Xóvenes Agricultures e Unións Agrarias.

No comunicado sinalábanse algúns dos puntos abordados e acordados na sesión. Entre eles figuran a “contratación de asesoría xurídica para que a toma de decisións se axuste á legalidade vixente sobre cuestións específicas e inherentes ao sector” e a contratación dunha “auditoría de contas do ano 2015 seguindo co noso compromiso de transparencia e rigor”. Tamén se trataba o establecemento de condicións para a promoción e asistencia a feiras.

Os que si facían declaracións aos medios á saída do pleno eran dous vogais das adegas, José Luis García e Arantxa Barros, que sinalaban que se abstiveron en todos os puntos da orde do día agás en dous, nos que votaron en contra “por considerar que non se nos deron explicacións”: na contratación da auditoría de contas e da asesoría xurídica. Con respecto a esta última apuntaban que “non se deu ocasión de que ningún bufete, nin ningún avogado da zona nin non da zona, puidera optar á asesoría xurídica do consello, que se elixiu a dedo. Cremos que é algo que o presidente está facultado para elixir, pero se o quere elixir así que non o traia ao pleno”.

Artigos relacionados

Back to top button