SanidadeÚltima hora

O cribado de Sarreaus detecta, co 70% das mostras procesadas, 12 positivos de Covid

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de darse a coñecer o resultado do cribado poboacional de Covid-19 que se realizaba ao longo da xornada de onte no polideportivo de Sarreaus ao que estaban citados 930 veciños, dos cales acodían un total de 733.

Así, co 70% das mostras procesadas, detectáronse 12 casos positivos. Parte deles xa figuran hoxe no rexistro de casos deste municipio, cun total de 32 casos activos neste 9 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button