ConcellosTrivesÚltima hora

O cribado realizado en Trives deixa 8 positivos por Covid

 

Esta mañá a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco vén de facer públicos do cribado poboacional de Covid que se realizaba na tarde de onte no pavillón polideportivo de Trives. Nel participaban 288 persoas, sendo o resultado de positivos por Covid nas probas PCR de oito.

“A esta hora hai 8 máis dos 24 positivos en Trives (32) e outros 4 en Manzaneda, sen perxuizo da actualización que se faga ao longo da maña cos resultados do PAC”, tal e como informaba esta mañá o Concello de Trives, que tamén adiantaba que “comeza agora o rastrexo dos contactos polo que segundo apuntan, é previsible se incremente a cifra”.

Ademais dende o Concello de Trives tamén se matiza que “falta por determinar se estes novos 8 casos pertencen ao noso PAC. En todo caso, son persoas que se atopan aquí”.

Artigos relacionados

Back to top button