En portadaGalerías de fotosSemana SantaÚltima hora

O Cristo dos Ferroviarios percorre O Barco

Esta procesión, celebrada o Mércores Santo, marcaba o inicio dos días grandes da Semana Santa na vila

O paso coa imaxe do Cristo dos Ferroviarios percorría na tardiña do 1 de abril, Mércores Santo, as principais rúas do Barco. A procesión partía dende a Igrexa de San Mauro e, de seguido, continuaba por Eloi Mira e Marcelino Suárez ata Estación de Renfe. Despois, a comitiva relixiosa encabezada pola imaxe emprendía o regreso ao templo de San Mauro.

Os cultos continuaban o Xoves Santo con actos como confesións dende as 9:30h. da mañá e xa pola tarde coa misa na Cea do Señor, co tradicional lavatorio de pés.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información no Especial Semana Santa en papel de O Sil).

Artigos relacionados

Back to top button