ConcellosEspecial Cristo 2016Galerías de fotosÚltima hora

O Cristo percorre as rúas do Barco, precedido por cabezudos e Calantornias

A vila celebra o 14 de setembro o día grande das súas festas con actos como a procesión

Son de gaitas e danza de cabezudos e Calantornias. Encabezaban a comitiva, á que tamén se unía a Banda de Música Cultural de Ramirás e os membros da Corporación do Barco. Saían da praza do Concello en dirección á igrexa de San Mauro no mediodía do 14 de setembro. Alí agardaban a saída da imaxe do Nazareno para comezar, dese xeito, unha longa procesión do Cristo que percorría o casco antigo e regresaba, tras pasar pola avenida Manuel Quiroga, á zona vella ata concluír na praza Maior da vila.

Unha vez alí, comezaba a cantar o coro e iniciábase a misa maior das Festas do Cristo, presidida polo bispo de Astorga, monseñor Juan Antonio Menéndez.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button