OurenseÚltima hora

O croata Ratko Zjaca e o ourensán Ton Risco traen o seu jazz a “El Cercano” este venres

O Jazz de Ratko Zjaca e Ton Risco soará en “El Cercano” (Ourense) este venres, 21 de abril, ás 20:30 horas. A entrada ten un custo de 6€ en venta anticipada e 8€ o día do propio concerto.

Ratko Zjaca é un músico versátil, moi coñecido guitarrista de jazz moderno e de improvisación. Nado en Croacia, formouse na universidade de Zagreb e no Conservatorio de Rotterdam. Ambos os dous centros son dos máis importantes no eido da música moderna. Zjaca tivo a oportunidade de asistir a clases maxistrais con Joe Pass, Jim Hall, Pat Metheny, Mick Goodrick, Mike Stern, Bob Brookmayer, John Abercrombie, etc. Posteriormente foi á Universidade de Nova York Shchool of Music e, nesta cidade, comeza a traballar co seu propio grupo e co veterano trompetista americano Benny Bailey.

Pola súa banda, Ton Risco é ourensán, coñecido por todos os afeccionados ao jazz de Ourense e Galicia. Risco deleita co seu vibráfono e batería. Tocou con grandes figuras pero, nesta ocasión, farao con Zjaca nunha combinación de son acústico e electrónico que, coa paixón de ambos os dous, xerará un coñecemento accesible a toda clase de público.

 

Cartel do concerto.

 

Artigos relacionados

Back to top button