CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O cuarteto de saxos Ensemble Kebyart retoma, este xoves, o ciclo Enclave de Cámara

As entradas están á venda en ataquilla.com e dúas horas antes da función na billeteira do Auditorio Municipal de Ourense

O cuarteto de saxos Ensemble Kebyart.

 

A música segue a ser a protagonista da programación cultural do Auditorio Municipal de Ourense. Logo do Concerto de Reis a cargo da Orquesta Clásica de Vigo, o Ciclo Enclave de Cámara toma o relevo este xoves 14 de xaneiro ás 20:30 horas cun dos grupos de cámara con máis proxección da súa xeración: o cuarteto de saxos Ensemble Kebyart.

A formación conta cun amplo currículo en prestixiosos concursos nacionais e internacionais, coma o Orpheus Swiss Chamber Music Competition, a International Franz Cibulka Competition, o Primer Palau ou o Premio BBVA de Música de Cámara Montserrat Alavedra, entre outros.

Foron programados nas tempadas do Palau da Música Catalana, Auditori de Barcelona, Fundación Juan March, e as súas actuacións transcenden as fronteiras nacionais: Alemaña, China, Francia, Rusia, Austria, Países Baixos, Suíza… Os próximos compromisos levaranos a salas coma o Wigmore Hall de Londres, o Konzerthaus de Berlin ou o Stadt Casino de Basilea, entre outros.

As entradas para o concerto de Ourense, desde 8 euros, están á venda en ataquilla.com ou dúas horas antes da función na billeteira do Auditorio Municipal.

Artigos relacionados

Back to top button
Close