OurenseÚltima hora

O Cuarteto Talich e Noelia Rodiles abrirán no Teatro Principal de Ourense a VII edición do ciclo Enclave de Cámara

O programa comezará este xoves 10 de outubro e rematará o 4 de xuño no Auditorio

Cuarteto de cordas e piano formado por Talich e Noelia Rodiles.

 

Coa idea de “achegar a música culta a toda a cidadanía”, o ciclo Enclave de Cámara chega á sétima edición con 8 concertos que se sucederán desde outubro ata xuño de 2020, mantendo a súa programación o primeiro xoves de cada mes ás 20h.

O programa arrancará este xoves, 10 de outubro, no Teatro Principal, coa actuación do cuarteto de cordas e piano formado por Talich e Noelia Rodiles (Chequia e España) e en cada un dos concertos, un grupo ou artista de “recoñecido prestixio aboradará un repertorio que nos levará pola historia máis significativa da música, desde Haydn ata o máis contemporáneo, personificado no compositor de Ponteareas, Xabier Mariño, ao que o Enclave encargoulle unha obra para esta temporada que será estreada polo sexteto Airas Ensemble en abril”, explican dende o Concello de Ourense.

 

O concelleiro de Cultura, Mario González e o
promotor do ciclo, Carlos Carbonell, na presentación do VII Enclave de Cámara.

 

O Enclave de Cámara aposta por ofrecer a maior variedade de propostas posibles, desde dúos a tríos clásicos e con piano, non esquecendo o cuarteto de cordas clásico. Ademais do Teatro Principal, tamén acollerán concertos o Liceo (2) e o Auditorio Municipal, que será escenario do último, a cargo da Real Filharmonía de Galicia).

Na presentación do festival, o concelleiro de Cultura Mario González animou á cidadanía a acudir a estes concertos, destacandpo que “é un luxo” contar con formacións e artistas do nivel dos incluídos no programa.

 

Programa.

Artigos relacionados

Back to top button