ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

“O culto da auga”, nas conferencias sobre termalismo da Biblioteca de Verín

O profesor Marco V. García Quintela e Dolores González de la Peña falaron sobre as orixes ancestrais e o vínculo da auga e a relixiosidade

As orixes ancestrais e o culto á auga, e o vínculo da auga e a relixiosidade, son os temas sobre os que xiraron as conferencias impartidas na tarde do 15 de marzo, no marco do programa sobre termalismo que está desenvolvendo na Biblioteca Municipal de Verín.

Baixo o título global “O Culto á Auga” o profesor Marco V. García Quintela, versoa a súa charla sobre “As saunas da Idade do Ferro no Noroeste Peninsular”, asegurando que a relativa uniformidade das vivendas, rúas e murallas dos castros racha ca identificación de edificios destinados a saunas. “Identificados os primeiros restos dende o século XVIII no norte de Portugal (a pedra formosa de Briteiros e a “cova” de Sanfins), non foi ata o período entre os anos 50 e 75 que finalmente se recoñeceron como destinados á función de saunas”. Coñécense uns 24 casos distribuídos por metades case que iguais entre a zona cantábrica e o territorio entre o Douro e o Miño (coa excepción da sauna de Armea, Santa Mariña de Augas Santas, Allariz, Ourense). O seu estudo centrouse na acumulación de novos exemplos, escavacións, datacións…, pero levados a cabo dun xeito moi desigual, derivado isto de iniciativas de investigación particulares.

Na actualidade o debate mais forte xira en torno á cronoloxía, e derivado dela, a súa función. Pero, doutra banda, paralelos etnográficos amosan a complexidade cultural que pode estar detrás da construción e uso das saunas. Se engadimos a súa singularidade material, todo leva a consideralas o reflexo material dunha complexa concepción ideolóxica de tradición indo-europea e celta. Xunto á exposición sobre a materialidade das saunas e as súas peculiaridades, o profesor deu unha explicación do seu sentido ideolóxico baseándose nunha lectura minuciosa do rexistro material.

Dolores González de la Peña (Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela) pola súa banda, centrou o seu relatorio no “Baño das ánimas: introdución ó termalismo antigo como precedente pagán do Purgatorio”. González explica que o recente estudo de Sergio Ríos González sobre os baños castrexos do noroeste da Península Ibérica (Ménsua Ediciones, 2017) dedícase un amplo capítulo a negar a función transcendental do termalismo prerromano: “Os defensores da orixe prerromana e autóctona do termalismo castrexo descartan o seu mero carácter hixiénico ou lúdico, outorgándolle de forma más o menos explícita, un certo grado de transcendencia”. Segundo Ríos, estes autores consideran, sen argumentos sólidos, que o termalismo antigo é unha manifestación de carácter relixioso e cultual, ou vencéllano a ritos de paso e iniciación dende un enfoque antropolóxico.

Dolores únese aos autores mencionados por Ríos demostrando que efectivamente, o termalismo “non foi concibido na antigüidade como unha mera actividade hixiénica, senón que integraba un complexo ritual de purificación destinado a obter a salus (termo que en latín significaba saúde física, pero tamén salvación espiritual). Proba delo é que en saunas e termas colocouse o sitio do primitivo Purgatorio, precisamente por conectar estes lugares co Inframundo, é dicir, ca xeografía mítica do Inferno pagán, O Alén. Para demostralo, abordardaron cuestións como as referencias clásicas sobre a localización do Purgatorio en saunas e termas, e analizando en detalle a lenda do martirio de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), ou o testemuño medieval da ordalía (xuízo de Dios) celebrada nas caldas do río Miño

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close