DeportesÚltima hora

O Curso de Adestrador Básico de Fútbol comeza mañá en Xinzo de Limia

21 alumnos participarán na iniciativa promovida pola Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Concello
Presentación do curso de fútbol en Xinzo de Limia.
Presentación do curso de fútbol en Xinzo de Limia.

Mañá, mércores 5 de outubro a partires das 20 horas, comeza na Aula Cemit da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, o Curso de Adestrador Uefa B (antigo nivel 1) organizado pola Federación Galega de Fútbol a través da Escola Galega de Adestradores en colaboración co Concello.

A iniciativa, que xurde coa idea de formar aos adestradores evitando grandes desprazamentos (escollendo Xinzo como sede da zona Ourense sur), era presentada no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia na maña do 4 de outubro. No acto estiveron presentes o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez; o concelleiro de Deportes, Luis Miguel Gil;, o director da Escola de Adestradores, Manuel Mosquera e  David Carnero, membro da directiva da Escola.
Cun total de 21 alumnos, para os organizadores “é un éxito” barallando a posibilidade de que Xinzo sexa sede continua destes cursos, pola súa boa acollida. O alcalde, pola súa banda, subliñou unha vez máis “o referente que representa no mundo do deporte provincial e autonómico, tanto na cantidade coma na variedade, o noso concello; e a importancia de formar a adestradores e monitores deportivos”.

Artigos relacionados

Back to top button