ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O curso de poda e enxerta de castiñeiros de Trives reúne a medio cento de persoas

No Auditorio Julio Vázquez de Trives comezaba ás 9:30h. da mañá do 28 de abril un curso de poda e enxerta de castiñeiros en Trives. A sesión iniciábase coa intervención do alcalde trivés, Domingo Diéguez, que daba a benvida ao case medio cento de asistentes, agradecendolles a súa presenza e tamén dando as grazas aos organizadores (Inorde) desta iniciativa e aos conferenciantes.

De seguido, Servando Álvarez, director técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro presentaba o curso, as partes do mesmo e aos ponentes. Manuel Míguez e máis Gustavo Méndez foron os encargados de explicar a parte de poda e enxerta respectivamente.

Tras unha sesión teórica de máis de dúas horas e un breve descanso cuns petiscos para coller forzas, chegaba o momento de levar á práctica todos eses coñecementos. Así os participantes no curso desprazábanse ata un souto da zona e alí organizábanse dous grupos que foron rotando para ver o mellor xeito de podar e os diferentes tipos de enxertos. Foron outras case dúas horas nas que os alumnos se mostraron moi interesados e participativos.

Fotos: Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button