EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O curso de técnicas de cultivo en viticultura e plantación do viñedo da Uned A Rúa, emitirase online

A primeira sesión será o 26 de novembro e a última prevista para o 8 de maio de 2021

Práctica de campo do curso de técnicas de viticultura celebrado en marzo deste ano. /Foto: UNED A Rúa.

 

Unha edición máis e xa van catro, a UNED Ourense emitirá dende a Aula de Valdeorras, ubicada na Rúa, o curso sobre técnicas de cultivo en viticultura e plantación do viñedo, que comenzará o 26 de novembro e finalizará o 8 de maio de 2021.

Dado o estado actual da pandemia do coronavirus non se pode, de momento realizar esta actividad de forma presencial, polo que unicacamente será online nas súas versións en directo ou en diferido. “Esta última permite aos alumnos recibir a sesión (se non se pudo conectar o día previsto á hora predeterminada) en días posteriores para o seu seguemento”, puntualizan dende a UNED.

A matrícula está abierta a todos os cidadáns interesados e deben ter un ordenador, tablet ou outro dispositivo actualizado para seguir o curso. Días antes do inicio do curso as persoas matriculadas recibirán as instrucións técnicas para conectarse ás sesións.

Máis información e matrícula online aquí: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/23413&idioma=en

Artigos relacionados

Back to top button