OurenseÚltima hora

O CV Aceites Abril, de Ourense, estréase cunha vitoria en Logroño

O Voleyourense suma os primeiros tres puntos da tempada ante o D'Elhuyar

Xogadoras do Aceites Abril, de Ourense.

 

Cunha vitoria a domicilio vén de estrear a tempada o CV Aceites Abril. O conxunto ourensán chegaba a logroño para enfrontarse ao recén ascendido D’Elhuyar, facendo valer a súa experiencia na categoría. Durante os dous primeiros sets do encontro, o Aceites Abril foi o claro dominador distanciándose rapidamente no tanteo “con moita eficacioa no saque o que inhabilitaba o xogo das locais”, apuntan dende o club ourensán, chegando aos finais cunha ampla vantaxe. O terceiro set foi o máis igualado deste primeiro encontro da tempada, vendo a mellor versión do equipo de Logroño cun saque agresivo que as axudou a manter a tensión ata a recta final que acababa sendo para as ourensás.

 

Xogada deste primeiro partido da tempada disputado en Logroño.

 

Ao final D’Elhuyar 0 Aceites Abril 3 (14-25, 18-25, 21-25). Unha importante vitoria para as xogadoras de Ourense que lles dá forza para afrontar unha nova semana, na que de novo terán que pasar as probas serolóxicas antes de recibir ao equipo de Calasancias (A Coruña).

Artigos relacionados

Back to top button
Close