DeportesÚltima hora

O CV Ourense, entre os equipos que se disputarán o ascenso a Primeira División nacional de voleibol feminino

Os partidos xogaranse do venres 23 ao domingo 25 de abril no polideportivo O Pompeo, en Ourense

 

Seis equipos de toda España entre os que está o Club Voleibol Ourense, disputarán a fase de ascenso Primeira División nacional de voleibol feminino que se celebrará do venres 23 ao domingo 25 de abril no polideportivo O Pompeo, en Ourense.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistía esta mañá ao acto de presentación deste torneo da Real Federación Española de Voleibol, que decidirá os dous conxuntos que ascenderán á superliga nacional para a vindeira tempada.

Gabriel Alén desexoulle ao equipo da cidade “a mellor das sortes para que poidades conseguir o agardado ascenso que todos os afeccionados desexamos”.

Artigos relacionados

Back to top button