O CV Ribeira Sacra comeza o campionato de España cunha vitoria ante o Club Adecor

As galegas vencían por 3 a 1 ás campionas de Andalucía

As xogadoras do CV Ribeira Sacra nun momento do partido ante Club Adecor.

Da mellor forma posible. Cunha vitoria comezaba o CV Ribeira Sacra a súa aventura no campionato de España de voleibol cadete que se está celebrando en Castellón.

Encadradas no grupo E, as galegas chegaban a terras valencianas na xornada de onte e hoxe, mércores 13 de xuño, tiñan o seu primeiro partido co actual campión de Andalucía, o Club Adecor de Córdoba ao que superaban por 3 a 1.

O segundo partido para o Ribeira Sacra será mañá 14 de xuño ás 11:30h. ante Seguros GP CAVS, campión de Murcia, e o terceiro o 15 de xuño ás 19:30h. ante CECCEL de Cataluña.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies