DeportesÚltima hora

O CV Ribeira Sacra xogará a fase final do campionato galego alevín

A competición celebrarase este domingo 27 de maio en Boiro (A Coruña)
Equipo alevín do CV Ribeira Sacra.

CV Ribeira Sacra, CV Ourense, CV Pontevedra, Jealsa Boiro, Calasancias, Manuela Rial de Dumbría, CV Oleiros e Emeve, son os equipos que participarán este domingo 27 de maio na fase final do campionato galego alevín federado que se celebrará en Boiro.

Tal como explican dende o club, o Ribeira Sacra “é un equipo xove, que foi mellorando para meterse finalmente entre os oito mellores de Galicia”, clasificados tras obter os mellores resultados das catro probas anteriores que se realizaron en cada provincia.

Esta é a penúltima competición federada da tempada para os equipos do CV Ribeira Sacra. A última será o campionato de España cadete feminino que se celebrará do 13 ao 17 de xuño en Grao (Castellón).

Artigos relacionados

Back to top button