DeportesÚltima hora

O CV Ribeira Sacra xogará o nacional no grupo E cos equipos de Andalucía, Cataluña e Murcia

O campionato de España cadete celebrarase do 13 ao 15 de xuño en Castellón
O equipo cadete do CV Ribeira Sacra que xogará o campionato de España.

A menos dun mes para a data, o Club Voleibol Ribeira Sacra no que xogan desportistas quiroguesas, xa coñece aos seus rivais para o campionato de España cadete. Integrados no grupo E, o equipo galego xogará contra Club A decor (Andalucía), CECCEL (Cataluña) e Seguros GP CAPS (Murcia).

Tal como explican dende o club, trátase dun grupo complicado para as galegas “que deberán medirse con tres comunidades autónomas de longa tradición novoleibol”. As cadetes do CV Ribeira Sacra debutarán o primeiro día da competición, o 13 de xuño ás 9:30h. ante o Club A decor, actual campión de Andalucía. O segundo partido xogarano o día 14 ás 11:30h. ante Seguros GP CAPS, campión de Murcia; e o terceiro partido ante CECCEL ás 19:30h. do día 15 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button