Publicidade
ConcellosÚltima hora

O debuxante ourensán Xosé Lois “O Carrabouxo”, no xurado do concurso do cartel do Entroido vianés

Do xurado tamén formarán parte a artista plástica Mónica Alonso e a fotógrafa Mercedes Saavedra

Xosé Lois González “O Carrabouxo”, nun acto./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Concello de Viana do Bolo vén de constituír nesta semana o xurado que elixirá o Cartel do Entroido 2020 e da 50 Festa da Androlla. Del forman parte “recoñecidas personalidades relacionadas co mundo das artes plásticas”.

Así entre os seus membros está o ourensán Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo”, recoñecido e premiado debuxante galego, que recibiu entre outros recoñecementos a “Medalla Castelao” no 2008 e o premio “Bo e Xeneroso” da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no 2013. O “Carrabouxo” consegue, coas súas caricaturas, reflexar a retranca e a ironía típica dos/as galegos/as.

Tamén figura como integrante do xurado Mónica Alonso López, doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Leva traballando como artista plástica dende 1994 realizando múltiples exposicións individuais e colectivas tanto en Galiza como internacionais. Recibiu numerosos premios e Bolsas de creación. Destaca a exposición que o CGAC lle dedicou en 2003.

No xurado estará tamén Mercedes Vázquez Saavedra, fotógrafa e escritora cuxas exposicións están moi ligadas ao mundo rural, das mulleres e das máscaras tradicionais.

O xurado procederá a elixir o traballo ganador deste certame vianés nos próximos días.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close