OurenseÚltima hora

O delegado da Xunta en Ourense anima a ACCU a “seguir actuando polo desenvolvemento individual das persoas afectadas”

A Asociación de persoas con Crohn, Colite Ulcerosa e Ostomizadas de Ourense está presidida por Fernando Jiménez

Reunión do delegado da Xunta cos representantes de ACCU.

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, trasladou ao presidente da Asociación de persoas con Crohn, Colite Ulcerosa e Ostomizadas de Ourense, Fernando Jiménez a total colaboración do Goberno galego no traballo pola maior independencia, benestar e calidade de vida das persoas que sofren esta patoloxía. O representante do Goberno galego, que está a manter unha rolda de contactos cos distintos axentes económicos e sociais da provincia, aproveitou a xuntanza para agradecer o labor que a entidade está a levar a cabo en Ourense.

Gabriel Alén analizou xunto ao responsable de ACCU Ourense o estado actual e os proxectos de futuro desta asociación sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública, que traballa a prol do Servizo de atención integral, promociona a autonomía persoal e a inclusión social das persoas con Crohn, Colite Ulcerosa e Ostomizadas. O delegado territorial animou ao representantes da entidade a seguir actuando polo desenvolvemento individual das persoas afectadas e informou de que a Consellería de Política Social xa puxo en funcionamento un baño adaptado no centro socio comunitario de Ourense, e lembroulle a existencia de baños ostomizados no edificio administrativo da Xunta de Galicia e no edificio xudicial.

 

Reunión do delegado da Xunta cos representantes de ACCU.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button