OurenseÚltima hora

O delegado da Xunta en Ourense asegura que “O Camiño é un gran axente dinamizador das zonas rurais”

Gabriel Alén participaba na inauguración do Congreso "Coñece os Camiños" onde asegurou que "a Vía da Prata conta cun enorme potencial de crecemento, que se verá acelerado ante a chegada do Xacobeo 21, pois é un dos máis importantes itinerarios xacobeos”

 

“A Vía da Prata conta cun enorme potencial de crecemento, que se verá acelerado ante a chegada do Xacobeo 21, pois é un dos máis importantes itinerarios xacobeos”. Así de rotundo se amosaba o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na inauguración do congreso “Coñece os Camiños” que tiña lugar na mañá de sábado 19 de decembro en San Cristovo de Cea.

Na súa intervención, Gabriel Alén sinalou que “desde a Xunta de Galicia estamos convencidos de que conta con infinitas posibilidades polas paisaxes e o patrimonio que atesoura, atravesando catro cidades declaradas Patrimonio da Humanidade”, engadindo que “o Camiño é un gran axente dinamizador das zonas rurais, e que tamén vincularse ao Camiño supón asociarse cunha marca recoñecida internacionalmente e relacionada con valores universais”. No caso da Vía da Prata, trátase dunha ruta que vertebra España desde a época romana e o seu impulso podería contribuír á desestacionalización do Camiño e, polo tanto, do turismo en todas as comunidades polas que pasa este trazado.

Gabriel Alén lembrou que a Xunta está a rehabilitar o Mosteiro de Santa María a Real de Oseira, que se incorporará á rede de albergues dispoñibles na Vía da Prata. Esta actuación, que se enmarca no Plan de Albergues, inclúe unha achega dun millón de euros para mellorar o espazo existente de acollida de grupos, garantir a accesibilidade e construír novas dependencias para os peregrinos que percorren esta Ruta Xacobea.

Artigos relacionados

Back to top button