A RúaConcellosÚltima hora

O delegado da Xunta en Ourense ratifica o preacordo para a creación do Centro de Saúde da Rúa

Gabriel Alén reuníase co alcalde, Álvaro Fernández, para tratar temas de actualidade deste municipio valdeorrés

 

No marco do conxunto de encontros que está tendo con alcaldes da provincia de Ourense, na tarde deste venres 2 de outubro o novo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, achegábase ata o Concello da Rúa para reunirse co alcalde Álvaro Fernández e dúas das súas concelleiras, María Teresa Varela e Joana Goméz para recoller as demandas do municipio e dos seus cidadáns. “Espero que sexa un encontro fructífero a curto, medio e longo prazo, tanto para A Rúa como para a comarca de Valdeorras”, dixo Alén.

Un encontro no que falaron do Centro de Saúde; da mellora da rede de abastecemento de auga e das infraestruturas do pobo. “Tamén tratamos da colaboración a nivel de desenvolvemento industrial xa que este ano temos concedida unha subvención para ampliar o vial do parque empersarial coa intención de que se asenten empresesas. Esperemos que todo siga no bo camiño e sigan tendo interese en establecerse”, dixo o alcalde da Rúa, despois de agradecer ao delegado a visita e desexarlle moitos éxitos no cargo.

 

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández.

 

Con respecto ao Centro de Saúde, un dos temas prioritarios abordados hoxe, Gabriel Alén asegurou que viña a “ratificar o preacordo entre Xunta, Deputación e Concello, con ese compromiso de que unha vez executada a urbanización se poida levar a cabo o Centro de Saúde que merece este concello”. No eido de reivindicacións, o delegado pudo comprobar en primeira persoa, no desprazamento dende Ourense, que “é moi necesaria a mellora das vías de comunicación e dos transportes e creo que temos moito que mellorar, tanto na reivindicación da A-76 como nos servizos ferroviarios. Dun xeito construtivo, todas as administracións debemos plantexar en que situación nos atopamos, poñer todo enriba da mesa e facer o posible por, como mínimo, manter os servizos que tiñamos antes da pandemia, se non melloralos”, dixo, engadindo que o resto de temas “serán revisados e trasladados á Xunta de Galicia polo ben común dos veciños da Rúa”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button