OurenseÚltima hora

O delegado da Xunta en Ourense recibe aos gañadores da Copa de España de Taekwondo

Recepción aos campións de taekwondo.

 

Na mañá deste martes 20 de abril, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibía aos gañadores da Copa de España de Taekwondo, Ainoha García (ouro en Júnior 67 kg; María Ferreiro (prata en Júnior 49 kg); Hugo Maya,  (prata en Cadete, 49 kg) e Martín Conde (bronce en Júnior 73 Kg), celebrada esta fin de semana na localidade alacantina de Benidorm.

Gabriel Alén trasladoulle as felicitacións e parabéns de toda a sociedade galega polos resultados acadados, e animounos a seguir competindo, “como un exercicio de superación permanente que ven avalado polo esforzo e o traballo deportivo individual e de equipo”, sinalou o delegado territorial, quen engadiu, “ademais da honra e orgullo de levar o nome de Ourense e de Galicia por todo Estado”.

 

Os gañadores da Copa de España de Taekwondo co delegado da Xunta en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button