EconomíaEconomíaÚltima hora

O delegado da Xunta en Ourense reúnese coa xerente de Galicia Calidade

Abordaban as principais liñas de traballo que se desenvolverán no presente ano para apoiar as empresas que contan con este selo de garantía

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá coa xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, para falar das principais liñas de traballo que se desenvolverán no presente ano para apoiar as empresas que contan con este selo de garantía.

Galicia Calidade, marca dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, conta na actualidade con máis de 600 produtos e servizos certificados de 150 empresas, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.

A ourensá Ana Méndez, incorporouse en decembro do 2021 e está a realizar unha rolda de contactos coas empresa certificadas, e que na provincia xa visitou Bodegas Nairoa, Confitería Cerviño, Nor-Ibérica de Bebidas, Bar Tamarindo, A Taberna, Restaurante El Coto e La Central Heladera.

O selo Galicia Calidade naceu para distinguir aqueles produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción, unha vez contrastada a súa calidade mediante as auditorías de control.

Galicia Calidade representa tamén a aposta da Administración galega pola innovación, a sostibilidade e a competitividade nos mercados internacionais máis esixentes, xa que contribúe a xerar valores intanxibles para as empresas e produtos certificados con este selo.

Como sociedade pública, Galicia Calidade esixe ás empresas que apliquen os máis estritos controis de calidade homologados para garantir a calidade dos seus produtos e servizos e certifica o seu cumprimento con auditorías propias periódicas.

Artigos relacionados

Back to top button