ConcellosLaroucoÚltima hora

O delegado da Xunta en Ourense visita as obras na estrada OU-636 en Larouco

A alcaldesa solicitaba unha actuación noutro tramo da estrada para que haxa sendas peonís "tanto polo lado dereito como polo lado esquerdo" entre Freixido de Arriba e de Abaixo

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao concello de Larouco para comprobar, xunto coa alcaldesa, Patricia Lamela, o comezo das obras de mellora da seguridade e da accesibilidade da estrada OU-636, nas que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste máis de 48.000 euros. Os traballos teñen un prazo de execución estimado de 4 meses.

As obras desenvólvense na estrada OU-636 ao seu paso polos núcleos de Larouco e da Caseta e consisten na execución de cunetas transitables que conecten coas beirarrúas existentes, xunto coa adecuación aos requisitos de accesibilidade dos pasos peonís actuais. No núcleo de Larouco executaranse tres tramos de cuneta transitable de formigón armado que suman unha lonxitude de 190 metros e conectarán coas beirarrúas actuais.

Tamén se reforzará a accesibilidade nos pasos de peóns, dotando as beirarrúas de tramos en rampla e baldosas podotáctiles, ampliando a súa anchura nestes puntos para evitar o aparcamento na aproximación ao paso e mellorar a visibilidade.

No núcleo da Caseta construiranse dous tramos de senda-cuneta entre os puntos quilométricos 19+850 e 19+910.

“Pedimos o arranxo do outro tramo aquí na OU-636. O municipio de Larouco está atravesado polo que era a antiga N-120, é unha estrada con moito tráfico e para o Concello é imprescindible a seguridade vial dos nosos veciños e entre Freixido de Arriba e Freixido de Abaixo hai un tránsito considerable de peóns e consideramos que é moi necesario que esta obra acabe feita polos dous lados de beirarrúas, tanto pola dereita como pola esquerda, destas sendas peonís”, dicía a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.

Ademais dicía que “a veciñanza quedou moi contenta en Larouco con esta obra e aquí en Freixido esperemos que tamén, que todos estean contentos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button