OurenseÚltima hora

O delegado da Xunta reúnese coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantiña este luns unha reunión con representantes da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), entre eles a súa presidenta María Dolores Neira, na que lles agradecía o labor de acompañamento e asesoramento levada a cabo dende a entidade durante a pandemia.

No encontro o representante do Goberno autonómico louvou o traballo desta organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios, colaboradores e profesionais que ten como finalidade mellorar a vida das persoas tralo impacto causado pola enfermidade do Alzhéimer.

Gabriel Alén, quen aproveitou a reunión para achegarse aos proxectos que esta organización está a desenvolver na provincia e sobre as súas iniciativas de futuro, amosou aos responsables da asociación o apoio do Goberno galego. A Xunta de Galicia colabora con esta entidade tanto na atención de persoas con alzhéimer como dos seus familiares, como o servizo de estimulación terapéutica, os programa de envellecemento activo, de prevención do deterioro cognitivo, de capacitación dixital, de atención diurna, de atención sociosanitaria en centros de día, de apoio e formación a coidados e de respiro familiar, entre outros.

 

 

O delegado territorial en Ourense lembrou que o Goberno galego achegou nestes últimos catro anos máis de 71.000 euros ao servizo de estimulación terapéutica de AFAOR, aos que hai que sumar os case 52.000 euros para a contratación de persoal especializado, os máis de 32.600 que concedeu para o proxecto de adecuación do centro e os preto 20.000 que destinou aos diferentes programas que ten en marcha a través da Federación Alzhéimer Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button