OurenseÚltima hora

O delegado da Xunta reúnese cos representantes da Asociación Ourensá de Axuda ao Toxicómano

Gabriel Alén animounos a "seguir traballando na planificación e ordenación de actuacións que atallen os múltiples problemas no uso e abuso de drogas e outras adiccións"

 

Na mañá deste xoves 7 de xaneiro, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibía á presidenta da Asociación Ourensá de Axuda ao Toxicómano, Zaida Varela, a quen agradeceu o labor que esta entidade está a levar a cabo en Ourense.

O representante do Goberno galego, que está a manter unha rolda de contactos cos distintos axentes económicos e sociais da provincia, aproveitou a xuntanza para escoitar de primeira man as actividades e programas nos que esta asociación está a traballar a prol de solucionar os problemas ocasionados polo consumo de drogas e de por en funcionamento iniciativas para atender ós grupos de persoas inmersos nesta problemática.

A ese respecto, o delegado territorial animou ao representantes da entidade a “seguir traballando na planificación e ordenación de actuacións que atallen os múltiples problemas no uso e abuso de drogas e outras adiccións; tarefas para as que contan coa total colaboración e compromiso do Goberno galego”, dixo Alén.

 

Artigos relacionados

Back to top button